A Conferencia de Bandung foi unha reunión de Estados asiáticos e africanos, a maioría dos cales acababan de acceder á independencia. Foi organizada polos líderes independentistas Gamal Abdel Nasser (presidente de Exipto), Jawaharlal Nehru (da India) e Sukarno (de Indonesia), ademais dos líderes de Paquistán, Myanmar e Sri Lanka. Os cinco países asiáticos convidaron outros vinte e cinco a participar na conferencia.
Celebrouse entre o 18 e o 24 de abril de 1955 en Bandung, Indonesia, co obxectivo de favorecer a cooperación económica e cultural afroasiática. Eran contrarios ao colonialismo e o neocolonialismo das antigas metrópoles e aos EUA, así como á súa inclusión na área de influencia exclusiva da URSS.